Para a realización de "Notas de cociña" atopamos tres nomes, os cales non serían actores senón persoas. O mesmo ocorre co espazo, onde precisamos construir unha realidade no escenario: unha mesa onde se poida cociñar de verdade, con comida real, onde cada "actor" poida preparar o prato que máis lle guste, con fogóns, cacharros, pratos, verduras, carne, aceite e todo o que precise.
Tamén atopamos símbolos esenciais para comprender as escenas, coma a letra da canción de Robert Johnson: "Sweet home Chicago" ou unha xigantesca reprodución da Gioconda de Leonardo da Vinci. Unha vez adentrados na obra, atopamos outras necesidades coma o coral de Bach.
Carlos, Carola, Duarte, Perico e Román.